Sunday 05 de May de 2024

O concello dá outro paso para visualizar o autismo a través da exposición “O Mundo Máxico de Antón” no Consistorio de Riveira


O Concello de Riveira segue a dar pasos para visualizar o autismo entre a nosa veciñanza.

Se hai mes e medio se instalaban medio cento de pictogramas para facilitar que as persoas afectadas deste trastorno se orienten polas distintas dependencias da Casa Consistorial, esta vez se pretende exhibir unha exposición realizada por un neno de 10 anos con esta doenza: Antón Romero Piñeiro.

O título da mostra, “O Mundo Máxico de Antón”, que está previsto inaugurar na mañá do sábado 3 de xuño e que estará formada por un total de 18 debuxos de diferentes tamaños deste pequeno artista de Porto do Son.

A iniciativa está promovida e organizada pola Concellería de Cultura que dirixe Fabiola García Martínez.